18 abr 2012

PRESENTACIÓN EN A CORUÑA



Presentación de Sálpock en A Coruña
Presentation of Sálpock in A Coruña

"Este venres Demo Editorial presenta o primeiro título da nova serie de ciencia ficción HäinöS.
Sálpock. O val dos Cegos, con guión de Álvaro López e debuxos de Luís Sendón é unha historia de aventuras épicas que transcurren no mundo post-apocalíptico de Zakfart. Un album recomendado para tódolos públicos que resultou finalista do Premio Castelao de Banda Deseñada 2011, da Deputación da Coruña.
Este título inclúe ademáis un estupendo extra, un xogo de rol de descarga gratuita, baseado no propio cómic.
O acto de presentación terá lugar en Alita Cómics (Rúa do Orzán, A Coruña) ás 19.00h, logo haberá sesión de sinaturas.
Con esta nova proposta de colección, desde Demo Editorial, pretendemos rescatar as aventuras de xénero ao tempo que seguimos apostando polos nosos autores e pola banda deseñada en lingua galega.

Esperamos contar coa vosa asistencia."

No hay comentarios: