22 oct. 2013

SÁLPOCK NO CLUBE DE LECTURA DO FORUM


O último mércores de este mes, Álvaro e máis eu pasaremos polo clube de lectura de Cómics do Forum Metropolitano, podedes visitar por aquí a súa páxina.

"Das lonxanas terras de Zakfart veñen Álvaro López e Luis Sendón para compartir opinións e debatir, co Club de Lectura de Cómics do Forum Metropolitano, sobre a súa obra "Salpock: O val dos cegos". A primeira historia da colección Haïnös coa que Demo Editorial nos deleitou hai pouco máis dun ano. Unha obra que resultou finalista no premio Castelao 2011 e que seguro colmará as ansias literarias dos nosos eruditos membros. Se queres participar so tes que chamar ao 981184298 e apuntarte; apura agora que quedan prazas e que é, coma sempre, un servizo gratuito".

No hay comentarios: